Sunday 28 de April de 2024

García Seoane parece non recibir como propietario de leira con plumachos a carta que o mesmo enviou como alcalde


.O Partido Popular remitiu esa mesma carta a García Seoane reclamando a retirada de plumachos dunha das súas leiras.

Tras varios intentos errados de conseguir a eliminación da herba da pampa dunha leira que o Alcalde posúe Iñas, o Partido Popular de Oleiros optou por enviarlle unha misiva, copia literal da que o propio Alcalde enviou a todos os veciños que considera propietarios de leiras que albergan a denominada herba da Pampa, para que o faga.

Asinada polo concelleiro do Partido Popular responsable Medio Ambiente e Servizos, Jaime Núñez Cartelle, presentouse por rexistro no Concello a carta dirixida a García Seoane como un último intento de que corrixa nas súas propiedades o que persegue nas alleas.
” Levamos anos requirindo ao alcalde no Pleno e nos medios de comunicación para que predique co exemplo xa que non se pode esixir ao veciño a eliminación da chamada infesta dos plumachos cando el mesmo a conserva e alenta nas súas propiedades” sinalou Núñez Cartelle.
“: Estou seguro que o “Servizo de Comisariado Político” encargado de vixiar selectivamente e ás furtadelas ao veciño, deu conta de moitas outras leiras, pero esqueceuse desta e, por tanto, o alcalde quedou excluído como destinatario da súa propia carta ameazante” engadiu o concelleiro do Partido Popular.
“Cuestiona a especulación, pero especula, defende o medio ambiente pero corta árbores, arrasa bosques e conserva os seus plumachos, quéixase de que o insulten, pero insulta, en fin, todo teatro e hipocrisía” resumiu o popular.